[Información enviada pola organización]
"Bo día...
Tras varios meses de traballo chegamos a conseguir unha data aproximada (primeiros de outubro) para comezar o mercado semanal, que vai ser no Mercado de San Agustín.
Para poder dar unha oferta xusta a todas/os posibles compradoras/es da cidade da Coruña pensamos en dar a oportunidade a produtoras/es das bisbarras lindeiras á nosa, para así mesmo axudar a ter diversidade de produtos, e tamén para dar a posibilidade a outras/os produtoras/es de ter un posto de venta en dita cidade.
Rogo a máxima difusión.
Para mais información, non dubides en contactar con nós na nosa conta do Facebook labrega natura, ou na dirección de correo belendecesuras(arroba)gmail.com.
Un saúdo. Belén."