Vista Xeral da Asemblea.
Dende o Consello Reitor de Arbore, vós informamos de que o domingo 29 de maio será a nosa próxima Asemblea Xeral. Abrese prazo para a presentación de propostas. Ide reeservando datas, como ven sendo tradicional será unha Asemblea cunha importante parte lúdica e de convivencia. Mantemosvós informadas.
Lugar: Muiño do Severo (Cabral)
Se non sabes como chegar, sairá un grupiño de socias dende Árbore ás 10.00.
Alternativa... Se fai mal tempo, no caso de que chova, a Asemblea sería no Centro Xunveníl Abertal (r/ Venezuela 3 baixo)
Hora: 10.30 en primeira convocatoria e 11.00 en segunda convocatoria.
Transporte:
Saen carros de Árbore ás 10.00 da mañá.
De bus, as liñas son a 25 que deixa no mesmo sitio.
podes ver o horario eiqui, http://www.vitrasa.es/php/index.php?pag=lineas/mapa-de-lineas
Outras son a 11 a c15 ata chegar a rua da Ponte e logo se meterian pola rua Figueiras, que é onde esta o muiño.
Número de contacto por se te perdes: Roi - 661240605
A documentación enviase por correio postal o día 13 de maio. No caso de que non te chegue a carta, fainolo saber en info@arbore.org
Na parte privada do portal estará toda a documentación subida o 11 de maio (a documentacion base) e o 18 de maio (a documentacion extra), ademáis de haber copias impresas na cooperativa a partir deste día.
Dende o Consello Reitor queremos que a Asemblea sexa un punto de encontro lúdico-festivo entre tódalas socias e invitadas que veñan, máis aló da Asemblea propiamente dita. Para ilo informamos de que haberán as seguintes actividades:
- Xantar colectivo:levar comida para compartir, a cooperativa leva bebida (auga, zumes e viño)
- Actividades para nenas.
- Actividades musicais.
- Espazo de troco.
- Obradoiros.
É moi recomendable levar cadeiras plegables e loza para o xantar.
DOCUMENTACIÓN:
http://www.arbore.org/documentacion-final-asemblea-xeral-ordinaria-2011
DOCUMENTACIÓN EXTRA:
http://www.arbore.org/asemblea-xeral-2011-documentacion-complementaria
Mapa: