O consumo de albaricoque mantén a vista en bo estado. Débese á acción da provitamina A e recoméndase en caso de sequedade conxuntival coma picor ou irritación crónica da conxuntiva, perda da agudeza visual e ceguera nocturna.
Ten unha propiedade equilibrante sobre o sistema nervioso debido a súa riqueza en oligolementos, por iso se recomenda en casos de depresión, nerviosismo e inapetencia.
Aumenta a resistencia nas infeccións nos casos de farinxite crónica, sinutisis e eccemas.
Por cada 100 gr:
Fibra- 2.40%
Minerais- 0.75%
Hidratos de carbono- 8.72%
Graxa- 0.39%
Proteinas- 1.40%
Auga- 86.40%
1) FRESCO: Ben maduro
2) DESECADO: Os albaricoques desecados chámanse orellóns. Ó desecalos producen máis ferro e son moi recomendables en casos de anemia ferropénica.
3) CONSERVA: Compotas e marmeladas
4) CURA DE ALBARICOQUES: Realízase tomando durante 15 días, medio kilo de albaricoques ben maduros cada día, preferiblemente na cea como prato único. Pódense acompañar dunhas tostadas de pan.