Os caquis exercen unha suave acción astrinxente en conxunto, os seus taninos son altamente astrinxentes e os seus mucílagos moi suavizantes. Son tamén antiinflamatorios intestinais, debido a súa riqueza en pectina e mucílagos.
Conveñen en todo tipo de diarreas e colite.
O seu aporte en ferro non é moi elevado pero absórvese moi ben xa que ten Vit C.
Ainda que é unah froita doce, os diabéticos a toleran moi ben, xa que o seu contido en azucre é case todo fructosa e que a súa fibre de tipo soluble retén os azúcares no intestino e vainos liberando pouco a pouco.
Fibra: 3,60%
Minerais: 0.33%
Hidratos de carbono: 15,2%
Graxa: 0,190%
Proteínas: 0,580%
Auga: 80,3%
1) FRESCO: So está no mercado durante os mese de outono, asi que é necesario aproveitar esta época para consumilo en abundancia. En caso de diarrea pódese consumir ata 6 pezas ó dia.
2) PURÉ DE CAQUI: Esta froita é Un ingredentee moi apreciado para elaborar cremas, marmeladas, xaleas e compotas. Acompaña moi ben ó requesón, ó iogur e a nata.