O figo

Os figos en calquera das súas formas son un alimento moi recomendable en caso de anemia ou fatiga por causa orgáncia ou psíquica, debido a súa acción tonificante.
As mulleres embarazadas e todos aqueles que estén sometidos a esforzos físicos (deportistas) ou psíquicos (estudiantes) atoparán no figo un alimento moi nutritivo de doada dixestión e rico en enerxía.
Actúan como emolientes (suavizantes) dos bronquios e do aparato dixestivo.

 
Por cada 100 gr:
Fibra- 3.30%
Minerais- 0.66%
Hidratos de carbono- 15.90%
Graxa- 0.30%
Proteinas- 0.75%
Auga- 79.10%

1) FRESCOS:
Para disfrutar da súa dozura e o seu aroma, os figos hai que deixalos madurar na árbore. Se se recolectan verdes, endexamáis adquirirán a súa expléndida plenitude. A dificultade do seu transporte fai que so estén dispoñibles no mercado durate unhas poucas semáns ó ano.
2) DESECADOS: Os chamados figos secos perderon as súas 2/3 partes do seu contido acuoso co que concentran moito os seus azucres vitaminas e minerais.
3) FERVIDOS CON LEITE: Media ducia de figos secos cociñados en medio litro de leite fervente, constitúen un bo remedio para ablandar a tós e favorer a expectoración, especialmente se lle engadimos unhas culleradas de mel.
4) PAN DE FIGO: Elabórase con figo seco, amendoas e hervas aromáticas. Resuta altamente enerxético e moi tonificante.

 

proxecto fiare galiza