O grelo

Grelo (castellano), Turnip green (english).

Substancias: proteínas (2,7%), fibra (3,9%), vitaminas A, C, E, B6 e ácido fólico, calcio, potasio, magnesio, ferro, cinc, glucosinolatos, flavonoides.

 

Propiedades: é a hortaliza máis rica en calcio (máis que a espinaca e a acelga) e riquísima en ácido fólico e vitamina A e C. Están moi indicados para previr as enfermidades cardiovasculares por arterioesclerose polas súas vitaminas antioxidantes; o ácido fólico e a vitamina B6 reducen os niveis de homocisteína en sangue; os seus carotenos e o ácido fólico preveñen cancros de órganos con mucosa. Conteñen glucosinolatos que se transforman en fitoquímicos que contribúen a previr diferentes tipos de cancro. Axudan a previr a densidade ósea xa que teñen máis calcio que fósforo e doses altas de potasio e magnesio, o cal reduce o risco de osteoporose no longo prazo.

 

Aproveitamento: cocidos ou crus en ensalada (se son tenros). O betacaroteno asimílase mellor cocido mais as vitaminas C e o ácido fólico destrúense coa cocción.

Riscos: conteñen substancias bocióxenas; non consumilos moito durante semanas.

 

proxecto fiare galiza