Comunicámosche que esté sábado que ven, os nosos compañeiros David e Santi, impartirán un Obradoiro de Cervexa Artesán, feita con Landras no local social da nosa cooperativa. Terás a oportunidade de aprender a facer a túa propia cervexa con materias primas que ti mesm@ podes recoller!
O obradoiro farase nos días:
- Sábado 4 de marzo – de 9:00 a 14:00
Elaborarase a cervexa e poderás aprender todo o proceso.
- Sábado 11 de marzo- de 11:00 a 14:00
Farase o proceso de embotellado
Para cubrir os costes do material, cada participante terá que facer unha achega duns 4€.
Se queres participar anótate no correo sabela@arbore.org o antes posible para poder organizarmos. Date présa xa que son prazas limitadas! Agardamos contar contigo!
A Comisión Social