Obradoiro de horta en finca ecolóxica!
Amigos da Terra convídache a un obradoiro práctico, desta vez na finca ecolóxica "Horta do Cadaval", en Redondela. Os labregos Jacobo Ojea e Belén Fervenza, ábrennos a súa horta para compartir os seus coñecementos e ensinarnos a cultivar os nosos propios alimentos.
Se asistiches ao II curso de horto ecolóxico, poderás poñer en práctica todo o aprendido e, se non, esta será unha oportunidade inmellorable para iniciarte na agricultura ecolóxica. Ademais, as actividades previstas capacitarannos para participar no proxecto de horta comunitaria que estamos a artellar en Vigo e que iniciaremos proximamente. A actividade é gratuita e aberta a calquera persoa interesada. Apúntate xa!
Data e hora: sábado 1 de xuño (ás 10:00 horas)
Lugar: Reboreda, Redondela
Máis información: cooperacion@amigosdaterra.net