Obradoiro de produtos do fogar ecolóxicos. 3 de Marzo

Obradoiro de produtos do fogar ECO-lóxico "faino-ti-mesm*"

 

Sábado 3 de marzo a partir das 17:00h

na Cova dos Ratos

 

O próximo sábado 3 de marzo convidámoste a aprender con nós formas sinxelas e saudábeis de coidar o noso fogar. Trátase de receitas simples coas que poderemos facer a limpeza e mantemento de todos os espazos da casa ecoloxicamente.

 

Neste obradoiro faremos:

 

_lixivia caseira: a partir de cinza de lareira

_xabón líquido: para empregar como lavalouza ou deterxente para a roupa

_limpador multiusos: para azulexos, chans...

 

... e tamén veremos consellos para coidar a madeira, desentupir condutos, aromatizar cuartos, desinfectar, etc!

 

Así, coñeceremos alternativas aos limpadores comerciais, cheos de substancias prexudiciais para nós e para o ambiente e cuxa fabricación implica, xa de por si, graves danos para todos os seres vivos. Facendo nós mesm*s, simplificando para conseguirmos vivir respectando a natureza.

 

_ Non é necesaria inscrición.

_ Poremos un bote para axudar cos custos deste obradoiro.

 

 

Agardámoste!

 

na Cova dos Ratos - R/ Romil nº 3 baixo - Vigo