Obradoiros de cociña en Febreiro

Bo día a todas,

Logo dos obradoiros de cociña de decembro e xaneiro, xa somos uns poucos máis os que podemos escoller:
- Aforrar envases e preparar as nosas propias bebidas vexetais, cheas de enzimas e ademáis aproveitar   a polpa que sobra para sobremesas, crackers, patés, granola...
- Escoller almorzos naturais, prácticos e nutritivos que podemos adiantar en menos de dez minutos

Así que en Febreiro seguen a cocerse cousas no local social. As propostas para este mes continúan coa fin de aprendermos a depender menos de ingredientes moi procesados ou pouco sostibles e aforrar tempo, esforzo e recursos. Estas son as vindeiras actividades de cociña :


Xoves 8 de febreiro ás 17:45 h.

Cociña con trigo sarraceno xerminado

Fálouse tanto da quinoa,que ás veces esquecemos que hai outras opcións, coma o trigo sarraceno. Trátase dun cultivo que consume poucos recursos pero que ten unha  achega nutricional é abraiante, e todavía máis se o xerminamos. Por se fose pouco, neste obradoiro imos comprobar que é un dos grans máis versátiles na cociña. 

cartel_sarraceno_i_arbore_2.png

Sábado 24 de febreiro ás  17:30 h

Almorzos de peto e bocado  

Logo de coñecer as vantaxes da crema Budwing, a avea activada, achía...gardamos a culler e buscamos ideas enerxéticas doadas de transportar.
Este obradoiro é perfecto para aquelas persoas con xornadas moi longas ou que pola súa axenda ou nivel de actividade precisan tentempés ao longo do día.
Coma vimos facendo, prepararemos receitas para diferentes necesidades : doces, salgadas, enerxéticas, depurativas ou remineralizantes...pero sempre veganas, sen glute nin azúcre.
  • As clases impartirase no local social 
  • Ofertaranse un máximo de 15 prazas.
  • reserva de praza pode facerse no propio mostrador da tenda de Árbore, ate esgotar o cupo de prazas.
  • O prezo do obradoiro que inclúe os contidos e material que degustaremos, é de 15 € para socias ou 18 € para non socias .
  • Son actividades abertas, así que poden asistir tamén persoas interesadas aínda que non sexan socias.


Se precisades máis información sobre os contidos ou dinámica dos obradoiros,  ou queredes achegar algunha proposta de actividades, temas para obradoiros,  consultas sobre o Caderno de Receitas de Outono/Inverno  de Árbore... podedes envialas ao enderezo consultascocinha@arbore.org

Seguimos mans á obra!
Unha aperta de Natalia Carrillo e as Traballadoras da Cooperativa

 

proxecto fiare galiza