Os cabaciños

Destaca polas súas propiedades emolientes (suavizantes) sobre o aparello dixestivo, debido ó seu contido en mucílago. Tamén é lixeiramente diurético.
Todo iso fai que sexa moi apropiado en casos de dispepsia (mala dixestión) gastrite, colon irritable, colite (inflamación do colon).
Indicado para curas de adelgazamento xa que achega moi pouca graxa e calorias, cunha cantidade relativamente alta de proteínas.
E tamén para afeccións cardiovasculares, como hipertensión arterial, arteriosclerose e afeccións coronarias.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.20%
Minerais- 0.520%
Hidratos de carbono- 1.70%
Graxa- 0.140%
Proteinas- 1.16%
Auga- 95.3%

1) COCIÑADO en guisos, tortillas ou pistos. Fritido é moi saboroso, pero presenta o inconvinte de absorber unha gran cantidade de aceite.
2) CREMA DE CABACIÑO: O cabaciño ben troceado faise ferver con leite de vaca ou leite de soia algo diluídas. Triturase e pódese facer espesar con fariña fina de millo.

 

 

proxecto fiare galiza