Os tomates

Diversos estudos da universidade de Harvard (EEUU) puxeron de manifesto que os homes que consumen habitualmente tomate fresco, asi coma zume ou salsas de tomate. presentan un risco moito menor de cancro de próstata.
Ademais é depurativo do sangue e diurético. por iso está recomendado para enfermos de gota.
Pola súa riqueza en vitaminas e minerais combate a depresión inmunitaria( diminución das defensas).
É moi útil o tomate pra todos aqueles que padezan de transtornos nas arterias (arteriosclerose), xa que pola súa acción antioxidante, evita a oxidación do colesterol (LDL), que dá lugar ó estrechamiento e endurecemento das arterias.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.10%
Minerais- 0.420%
Hidratos de carbono- 3.54%
Graxa- 0.330%
Proteinas- 0.850%
Auga- 93.8%

1) CRU: constitúe a forma mais saudable de consumir o tomate.
2) FRITIDO: Resulta saboroso aínda que un pouco indixesto para os estómagos delicados.
3) ZUMES E SALSAS: Son moi ricos en vitamina C e sales minerais, pero os preparados comercialmente conteñen moito sal e bastantes aditivos que poden provocar reaccións alérxicas.

 

 

proxecto fiare galiza