O que de comezo pode ser unha nova irrelevante, esconde detrás a realidade do sistema capitalista, neste caso no eido da comercialización ecolóxica, pero podería ser calquiera outro sector. Esta adquisición implica un posicionamento e expansión da multinacional francesa, respostando a varias das sintomatoloxías típicas do sistema capitalista: a concentración empresarial e a expansión territorial.
Natursoy comezou como unha empresa familiar no ano 1988, pero pronto trocou o de "familiar". Unha empresa que fabrica marcas blancas para El Corte Inglés e que distribúe máis de 1.000 referencias doutras marcas, poderá ser familiar todo o que queira, pero non no senso ao que nos podemos referir dende o consumo agroecolóxico. Temos que comezar a ser máis críticos, sí ou sí.
Hoxe xa podemos dicir que Natursoy é unha multinacional..."familiar". Os grupos de consumo, as asociacions, as cooperativas e incluso as tendas pequneas deberían ir virarndolle as costas, para evitar que esto comece ser costume, que xa vai sendo: Xanceda, Cantero de Letur, Natursoy, Naturgreen, Monsoy, Ekolo, etc. e que realmente non se consiga outra cousa máis que aparezan productos ecolóxicos para cubrir mercado, sen máis contido detrás. Temos perigo real de caer nas redes do capitalismo "verde", da excesiva flexibilidade comercial, da faia absoluta de criterios. É un tema para traballar.
A multinacional Nutrition & Santé
É unha corporación francesa especializada en productos ecolóxicos e de dietética. Conta con máis de 17 marcas e está instaurada en 41 paises de todo o mundo.
No Estado español está presente a través dunha distribución multi-canal nas categorías de alimentación funcional, productos ecolóxicos, control de peso e deporte.
Súas principais marcas comerciais son:
- Gerblé
- BiManán
- Isostar
- SoyJoy (que non sojoy)
- Royal Vit
- Silueta Sana
- Soy
- Etc.
A multinacional Nutrition & Santé pertence ao holding multinacional xaponés Otsuka
Realmente esto é o que queremos?