A cooperativa La Terra i el Cielo nace o 5 de Maio de 1980 ao interno dun grupo de jovenes cunha forte motivacion idealista. Grazas á amplitud de miras dos dirixentes dun instituto publico, a cooperativa obtén en aluguer tres fondas agricolas, con 32 hectareas de terreo, sobre os doces outeiros da region de Marche, a pouca distancia do Mar Adriatico.
AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES
Os primeiros anos preséntanse cheos de entusiamo e dunha experimentacion intensa, tanto sobre os diversos metodos de agricultura biologica como sobre os tipos e variedades de cultivos, tipos de manipulacion do terreo e metodos de rotacion e tratamento dos cultivos. Veñen experimentados todas as modalidades de agricultura biologica entón coñecidas, incluíndo a agricultura biodinamica e a agricultura natural de Fukuoka.
A ACTIVIDADE DE DIFUSION DA AGRICULTURA BIOLÓXICA
A Cooperativa diferénciase rapidamente polo rigor co cal persegue a calidade biologica e ecologica das súas porducciones e tambien pola intensa actividade dirixida a difundir a agricultura biologica tanto na region de Marche como en toda Italia, actividade que continuou ata os nosos dias.
COMERCIALIZACION E EXPERIMENTACIÓN
Desde o principio a Cooperativa opta pola alternativa de transformar e comercializar directamente a súa propia produccion agricola. Deste xeito o gran duro transfórmase en pasta, o gran tenro en pan, o cebada en cafe de cereales, o leite de ovella en queixo. Esta alternativa convertiuse en necesaria por diversos motivos:
· Non perder a calidade biolóxica das materias primas mediante unha provisión e un proceso de transformación tradicionais.
· Controlar directamente tódolos pasos do proceso produtivo, dende a materia prima ao porducto final.
· Ofrecer traballo aos socios traballadores.
· Ofrecer a outros agricultores biolóxicos a posibilidade de obter un prezo favorable para as súas producións.
COOPERATIVA DE SOCIOS TRABALLADORES E SOCIOS AGRICULTORES
Esta tendencia, a favorecer os agricultores que adoptaban o metodo biolóxico, unida ao éxito comercial obtido tanto en Italia como no estranxeiro, termina transformando a estrutura interna: non só unha Cooperativa de socios traballadores agricolas senón tambien, e cada vez en maior medida, unha Cooperativa formada por numerosos pequenos e medianos productores agricolas, que posúen unha empresa agricola especializada en agricultura biolóxica e que fornecen á Cooperativa as súas materia primas para a transformación e a comercialización.
HOXE
Actualmente é unha Cooperativa formada por 98 socios agricultores que ocupanse da produción agrícola sobre unha extensión de, aproximadamente, 2.500 hectareas de terreo e 13 socios traballadores que se ocupan da conservacion e transformacion da materia prima e da venda dos produtos transformados.
Dende un punto de vista práctico e cultural, estan en contra da manipulación xenetica e a favor do comercio equitativo e solidario da economia ética. Tras unha relacion de amizade co premio Nobel pola Paz Rigoberta Menchu Tun, estanse preparando para dar outro paso: transformarnos en transnacionales mediante a asociacion cunha Cooperativa de pequenos productores de cafe biolóxico de Guatemala.
Socios da cooperativa coa premio nobel da paz, Rigoberta Menchu.