Ingredientes: Tofu*( Callado de soia), aceite de oliva virxe extra*, algas espeguetti de mar*, miso* e tamari*(soia fermentada), fécula de pataca*, especias*.
* DE CULTIVO ECOLÓXICO.
Beneficios: ALGAS ESPAGUETTI DE MAR
Esta especie de algas ten tres beneficios principais no organismo. Primeiro o ferro.é o mineral responsable de axudar á creación da hemoglobina, polo que unha deficiencia provoca anemia, fatiga e baixa as defensas.
En segundo lugar o potasio, que mantén a presión normal no interior das células, regula o balance de auga no organismo e participa no movemento de contracción e relaxación muscular (sobre todo en pacientes cardíacos).
E por ultimo a vitamina C, que intervén no mantemento de ósos e dentes, é antioxidante, desenvolve accións anti-infecciosas e antitóxicas e axuda á absorción do ferro no organismo.
Descripción: Suave sabor, san, 100% vexetal, con aval ecolóxico, este paté é ideal para entrantes e canapés e bocadillos de merenda ou cea.