Podese dicir da piña que é amiga do estómago. É un antiácido natural. Moitos a consideran un postre ideal para facilita-la dixestión. O seu consumo está especialmente indicado nas seguintes afeccións do estómago: hipoclorhidria (falta de xugos dixestivos) maniféstase pola dixestión lenta e pesadez de estómago. Ptosis gástrica( estómago caído) causado pola incapacidade do estómago para vacia-lo seu contido. En ambolos dous casos o ananás ten que tomarse fresco, nunca en conserva.
Ten un efecto saciante que constitúe un bó complemento nas dietas adelgazantes.
É un dos alimentos mais ricos en manganeso o oligolemento que intervén na formación de células reproducturas, tanto masculinas como femeninas, Aconséllase na dieta dos que padecen esterilidade.
É un potente inhividor da formación de nitrosaminas que é unha das causas coñecidas máis importantes do cancro de estómago.
Fibra: 1.20%
Minerais: 0.29%
Hidratos de carbono: 11.2%
Graxa: 0.43%
Proteínas: 0.390%
Auga: 86.5%
1) O NATURAL: É ideal coma postre para favorece-la dixestión e tamén coma aparitivo para preparar o estómago.
2) ZUME: Debe tomarse lentamente debido a súa acidez.
3) CONSERVA: Contén todavía a maior parte das súas vitaminas coma minerais e fibra pero sen embargo é pobre nalgunhas enzimas que se degradan con facilidade. Por isto, o ananás en conserva apenas actúa como estimulante dixestivo.