Polenta ou sémola de millo instantánea

Ingredientes: Sémola de millo de cultivo ecolóxico.

Beneficios: A sémola considérase como unha fariña grosa. A súa preparación é moi sinxela, só se necesita unha cunca desta polenta nun litro de auga fervendo deixándoa caer lentamente mentres se remove ata que adquira a consistencia desexada. O millo suaviza e protexe a mucosa intestinal e é moi ben tolerado por quen padecen colitis crónica e colon irritable. Reduce o nivel de colesterol. É unha boa fonte de hidratos de carbono, minerais (magnesio, fósforo, ferro, selenio e zinc) e de vitamina B.

 

 

proxecto fiare galiza