A coperativa Arbore é pioneira en Galicia, suplindo a carencia na nosa comunidade autónoma dun proxecto que materialice, sólida e viablemente os principios do noso proxecto.
Elexiu-se Vigo como centro de ubicación da empresa, por ser esta cidade, e a súa bisbarra e zoa de influencia, un espacio óptimo para a viabilidade e expansión do proxecto, polas súas características sociais e súa ubicación xeográfica.
As persoas que constituimos a Cooperativa somos consumidores de productos ecolóxicos que decidimos fundar unha cooperativa para materializar o noso desexo de facer un consumo consciente, apoiando ó agricultor galego e respetando o medio ambiente e o resto dos animais. Decidimos ter unha tenda propia onde poder mercar estes productos a un prezo asequible, que puidera estar xestionada por nós mesmos, puidendo abastecela dos productos que quixéramos e, en definitiva, ter un sentimento de propiedade que facilitara darlle o rumbo que o grupo considerase máis apropiado, asumindo tamén as responsabilidades económicas e de xestión. O nome que se lle puxo á Cooperativa é Consumo Conscente Arbore, Sociedade Cooperativa Galega, para amosar o noso interese, non só polo producto ecolóxico, senón por realizar un consumo responsable, sendo conscentes das consecuencias que implican o noso consumo, cuns criterios fundamentais consensuados na Asamblea Xeral.
É por isto que unha das esixencias cos productos de alimentación é que sexan de producción ecolóxica. Tamén facemos visitas organizadas dos/as socios/as da Cooperativa aos lugares de producción. Noutros casos, o producto non ecolóxico certificado aparece na nosa tenda atendendo a outros criterios, como son: os de Comercio Xusto, os productos de limpeza e hixiene que sexan limpos co medio ambiente, os desprovistos de sufrimento dos animais, e os producidos por outras Cooperativas, xa que un dos nosos fins e o fomento do cooperativismo.
Outro dos nosos intereses é o de comercializar productos a granel, por motivos económicos e ecolóxicos. Os productos a granel son mais económicos e así conseguimos que este tipo de alimentación sá esté ó alcance do maior número de xente. E tamén desta forma disminuimos o número de envases e embalaxes, reducindo a contaminación do medio. Temos a granel cereais, legumes, sementes, fariñas, algas, plantas medicinais, froitos secos, froitas, verduras e todo o que podemos dispoñer desta forma.
