Preservativos ecolóxicos

Eu poño condón ecolóxico

Vimos de introducir unha liña de productos para a saúde sexual:
preservativos masculinos de látex natural (non sintéticos) e lubrificantes.

Características dos preservativos ecolóxicos:

1. 100% naturais, de látex natural (non sintético) e de plantacións sostibles - certificado FSC.
2. Certificado FLO de Comercio Xusto.
3. Ausencia de sustancias tóxicas. Control feito polo esixente laboratorio Oko-test (o mesmo que usamos en Árbore no 2006 para desfacernos de moita "cosmética natural")
4. Total seguridade e fiabilidade, fabricados e testados en Alemania.
5. Empresa certificada C02 neutral. Para compensar as súas emisións de CO2 na fabricación, apoian proxectos de repoblación de arbores de madeiras nobles en Alemania.
6. Non testados en animais. É moitísimo máis habitual do que a xente cree.
7. Prezo realmente atractivo. Co todo valor engadido que teñen, seu prezo para socias é de 5,95 € para a caixa de 12 unidades.

 

proxecto fiare galiza