Xa vós presentamos o verán pasado os preservativos bio-xustos, máis eiquí engadimos nova e interesante información que confirman a seguridade dos nosos preservativos.
Presentación: Pack de 12 unidades e Pack de 3 unidades.
Variedades: 2 modelos: "EntreDos" (cor azul) (Zweisam en alemán) é transparente, extra fino e sen sabor, para os tradicionais. "Tentación" (cor verde) (Versuchung en alemán) é unha variedade de preservativos naturais, con sabor ou con textura.
Orixe / organización: Látex de Sri Lanka, India. Fabricado en Alemaña.
Outras características
Libre de contaminantes e sustancias perigosas, os preservativos están fabricados baixo
un control de calidade e estándares de seguridade altos en Alemaña e Europa. Ten as
certificacións CE 0197 (certificación médica de baixo estándares da Unión Europea) e
a ISO 4074:2002 (garantía que cumpre con estándares internacionais específicos para preservativos de látex).
Producidos a partir de caucho natural que se extrae da cortiza da Hevea
brasiliensis, os preservativos de Lebenslust son os primeiros preservativos "xustos" no
mercado español. O látex provén de plantacións certificadas FSC (Forest
Stewartship Council, bosques de tala responsable) xestionadas por comunidades de Sri
Lanka e India que traballan baixo os criterios do comercio xusto.
A organización "Fair Deal Trading" garanten condicións de traballo e un soldo xusto para os traballadores.
Tamén unha novidade das "bolsiñas" é a súa neutralidade en CO2. O 0,08 kg de CO2 xerados pola fabricación de cada preservativo de Lebenslust compénsanse, a metade coa plantación de árbores de madeiras nobres en Alemaña e a outra metade polo intercambio de fornos de leña por fornos solares nas plantacións de caucho na India.
Ben avaliados polas súas características ambientais e de saúde pola fundación
alemá Ökotest, os preservativos de Lebenslust tamén convencen pola súa atractiva
presentación.
Pasaredes un bo rato bio-xusto cos novos condóns de Árbore