Dende a comisión de compra-vendas propoñemos o troco dos iogures ecolóxicos de cabra de Cantero de Letur a Suerte Ampanera. As razóns do troco son:
- Fabrican a marca blanca de iogur ecolóxico de Carrefour, que ten un prezo "agresivo". Compran leite de cabra doutras explotacións, incluso de Murcia, estando eles en Castilla La Mancha.
- Venden en grandes superficies: Carrefour, Alcampo e El Corte Inglés.
- Esta claro que pode ter xustificación o feito de que cos excedentes, coa maquinaria que teñen e mercando leite de fóra, teñan que producir máis, pero non é un modelo que lle guste a Árbore e polo tanto se hai alternativas no mercado intentaremos trocar.
Como temos alternativa facemos o troco a Suerte Ampanera:
É un mediano proxecto onde traballan de forma fixa tres personas nunha fórmula xurídica de Comunidade de Bens. Levan 12 anos producindo ecolóxico. Non traballan con grandes superficies, nin pola experiencia non queren facelo nun futuro. Sí, de forma puntual con algún El Corte Inglés de Madrid, pero coa condición de que eles marcan o prezo que cobran. Non teñen ánimos expansionistas. Están máis perto de Árbore, no parque natural de Colmenar Viejo en Madrid.
O prezo PVP será o mesmo ou como moito +0,03 €



