PROXECCIÓN DE CHECKPOINT ROCK.CANCIONES DESE PALESTINA
de Fermín Muguruza e Javier Corcuera
Amarante e Vedegaia colaboran o vindeiro luns 7 de Xuñoco Cineclube Lumiere proxectando a película Checkpoint Rock de Fermín Muguruza e Javier Corcuera. A proxección terá lugar na Sala de Conferecias do Centro Cultural Caixanova ás 20:30.
En medio das mobilizacións polo ataque á ·Flotilla da Liberdade” que provocou a morte de 19 persoas e decenas de feridas, ademais do trato vexatorio e a expulsión do resto das ocupantes da Flotilla, Amarante e Verdegaia en colaboración co Cineclube Lumiere, propoñen a proxección deste documental como espazo de encontro e reflexión sobre a situación do pobo palestino.
Anos despois de ter sufrido en persoa o ataque de Israel sobre o pobo palestino nunha viaxe realizada a ese país, Fermín Muguruza decide achegar a través do cine outra realidade dentro da mesma opresión. Músicos de toda Palestina denunciando as condicións de vida ás que están sometidas as persoas do país, cantando en árabe e reivindicando a liberdade que lles foi arrebatada.
Agardámosvos o luns día 7 para compartir entre todas os nosos coñecementos e sentires sobre a situación que vive Palestina e solidarizarnos co seu pobo e coas activistas atacadas na Flotilla da Liberdade
