Recoñecemento Social 2012

ÁRBORE CELEBRA O I RECOÑECEMENTO SOCIAL AO FOMENTO DO CONSUMO CONSCIENTE

A cooperativa de consumo consciente premia a labor das produtoras Ágatha Broeskamp e Xosé Gundín

 

O pasado domingo día 10 de xuño e aproveitando a asemblea ordinaria da cooperativa Árbore, fixose entrega do I Recoñecemento Social ao fomento do Consumo Consciente.

A cooperativa de consumo consciente Árbore ten decido entregar anualmente este premio a aquelas persoas ou colectivos que colaboren dun ou outro xeito na creación de alternativas ao consumo. Foron precisamente estas alternativas unha das motivacións para a creación da Cooperativa Árbore, buscando a interacción entre produtoras en ecolóxico e consumidoras.

As premiadas, Ágatha Broeskamp e Xosé Gundín traballaron dende 1997 na agricultura ecolóxica, coa convicción de que ese era o xeito de “protexer a saúde, o medio ambiente e a economía, tanto de quen a cultiva como da sociedade", en palabras da propia Ágatha.

As produtoras Recoñecidas son socias fundadoras da propia cooperativa Árbore, así como da Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galiza. Tamén participaron activamente do Sindicato Labrego Galego, sendo Aghata representante deste sindicato no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) durante varios anos, e aportaron a súa forza na loita contra a produción de transxénicos e na defensa do pequeno comercio.
 
Anexamos foto e agradecemos difusión.
 
Apertas verdes!

 

proxecto fiare galiza