Despois das xornadas económicas e da validación por parte da Asemblea Xeral das medidas propostas, dende o Consello Reitor da cooperativa vós informamos de que a partir do 1 de xullo de este ano 2011, todas as socias, unidades familiares que consuman máis de 120 € ao mes, devolveranselle a final de ano as cotas mensuais do ano. No ano 2011 só se terá en conta este 2º semestre (non ten carácter retroactivo).
Esta medida está plantexada para perdurar no tempo e facela de forma anual. É dicir, no 2012, se na túa unidade familiar consumides de media 120 € ao mes na cooperativa, durante todo o ano, devolveranseche todas as cotas en produtos, a final de ese ano.
A cantidade mínima mensual será revisable ano a ano, a través de diferentes variables a ter en conta, pero no caso de subir será de forma moderada e progresiva.
Admeáis desta medida, que apoia a xente que consume na súa cooperativa, en breve informaremos do resto de medidas no eido económico, que pasan por, tal como se aprobou:
- Recoñecemento das aportacións das socias (non asalariadas) a cooperativa.
- Vale-descontos landras.
- Medidas de índole social.
- Outras.








