Reparto a domicilio
A Cooperativa Árbore ofrece tamén un servizo de reparto a domicilio pola área metropolitana de Vigo, é dicir, o Morrazo ( mércores ), Val Miñor ( venres ) e o Val da Louriña ( martes ). Como xa saberedes, en Tui temos un posto no mercado, que se celebra os xoves durante todo o ano. En Redondela hai unha alternativa máis cercana, que é a Asociación de Consumidores Loaira.
Sobre a posibilidade de facer un reparto por Vigo, é un tema que estamos a estudar detidamente, para que, se se fai, non perxudique á vida social da Cooperativa. Podedes deixar as vosas opinións, comentarios e consellos ó respecto no Foro existente nesta páxina web.
Se vivides nalgunha das zonas que servimos actualmente, como o Morrazo, Val Miñor e Val da Louriña e estades interesad@s neste servicio, podedes contactar con Manuel no seguinte enderezo electrónico: distribución@arbore.org ou ben chamalo ó móvil 607 613 641, en horario comercial.