San Xoan na Praza da Industria

Participa do San Xoán no barrio

 

O xoves 21 a última hora da tarde estaremos montando a fogueira no círculo enriba do parque canino en Joaquín García Picher. Contamos coa vosa colaboración!

 

O venres 22 a terceira edición da nosa andaina na procura das herbas de San Xoán. Esta vez con sorpresa no percorrido e algunha outra novidade. Coma sempre, recomendado para tódalas idades.  Saída ás 18:30 da praza de Eugenio Fadrique.

Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados da Galiza. E, desde logo, o favorito das crianzas da asociación que o escolleron como a mellor forma de iniciar a festa.

 

A charanga Vaite Xa! de Valadares leva 12 anos montando festa alá por onde van. Teremos pasa-rúas e actuación no parque.

 

E lembrade que antes da noite de San Xoán, esa mesma tarde do 23 de xuño, celebramos as nosas letras galegas coa homenaxe a María Victoria Moreno.

 

proxecto fiare galiza