Está indicada principalmente nas dolencias de riles e das vías urinarias. Sempre que se desexe
pódese realizar unha cura depurativa para eliminar toxinas do sangue. Os diabéticos toleran ben a sandía debido ó seu baixo contido en azucres. Produce sensación inmediata de saciedade por iso recoméndase en dietas de adelgazamento.
Por cada 100 gr:
Fibra- 0.50%
Minerais- 0.26%
Hidratos de carbono- 6.68%
Graxa- 0.43%
Proteinas- 0.62%
Auga- 91.5%
1) FRESCA: É a forma habitual de consumila. Non é recomendable tomala como postre, xa que pode resultar indixesta debido á gran cantidade de auga que aporta.
2) ZUME: É moi recomendable para aqueles que teñen o estómago moi delicado, pois non contén a fibra da pulpa que pode resultar indixesta.