Quero facerme socia/o

¿Qué unha cooperativa de consumo?

É unha empresa de economía social na cal interveñen persoas na condición de socias que adquiren ou se aprovisionan de mercancías, bens ou servizos para elas e os seus fogares. Independientemente da obrigación de de distribuir artigos ou bens coas socias, poderá realizar operacións co público en xeral, sempre que se permita a estes consumidores afiliarse a mesma, cumplindo os requisitos estatutarios da cooperativa e os establecidos pola lei vixente.

Para facerte socia/o

Podes enviar un mail co teu nome e teléfono a info@arbore.org e pomonós en contacto contigo, ou ben pidenós unha folla de alta, cubrea e deixaa na cooperativa. A partir dese momento, concretamos unha cita contigo para facerte unha entrevista. A entrevista faracha un membro do Consello Reitor que xa che explica todo o proceso pormenorizadamente. De todas formas eiquí tes un adianto bastante exacto.

Tes que achegar un capital social de 66 €. Este diñeiro e a aportación económica para pertencer a sociedade. O compromiso de permanencia na cooperativa é dun ano, transcorrido o cal, podese deixar de ser socia e polo tanto recuperar a inversión inicial, é dicir, o capital social.
A cooperativa emprega os cartos do capital social para invertir nos seus procesos productivos, deste xeito cada nova socia permite o crecemento e estabilidade do proxecto.

A maiores do capital social, que é un pago único ("inversión a plazo fixo en Árbore"), debese pagar unha cota mensual de 5 € ao mes, é dicir 60 € ao ano, o que permitirá ter acceso aos descontos comercias establecidos na Asamblea Xeral, actualmente están no 9% de desconto base, o 12 % de desconto por volume e os descontos especiais que poden chegar ao 22 %.

É importante ter en conta que para recuperalo Capital Social deberase ter achegado tódolos pagos mensuais correspondentes e avisar con dous meses de antelación por escrito na cooperativa, posto que senón considerase meses a pagar. Isto é importante telo en conta posto que o establecen así os estatutos da cooperativa. 

Dereitos e deberes da socia de Árbore.

Deberes.

  • Cumprir con tódalas achegas económicas establecidas pola Asamblea Xeral.
  • Consumir polo menos 100 € ao ano na cooperativa, tal como establecen os estatutos. (hai unha proposta para aumentar esta cantidade a 300 €)
  • Acudiar as asambleas xerais anuais da cooperativa.
  • Non face-la competencia a cooperativa.

Dereitos.

  • Información transparente sobre as estructuras económicas e sociais, isto é,  ter acceso aos distintos documentos internos e información da Cooperativa: actas, contas, propostas, e solicitar por escrito do Consello Reitor calquera aclaración e informe sobre a marcha da cooperativa.
  • Voz e voto na Asamblea, máximo órgano de decisións da cooperativa.
  • A formular propostas e participar nos ógranos internos da cooperativa: comisións, consello reitor e Asemblea.
  • A ser elector/a e elixíbel para os cargos dos órganos sociais da cooperativa dentro da Asamblea: vogal, tesoureira, interventora, secretaria, vicepresidenta ou presidenta.
  • Acceso aos descontos comerciais establecidos na Asamblea.

Reparto dos beneficios:

Ao ser unha empresa social, os beneficios son para tódolas socias/os dentro das  determinacións da Asamblea Xeral, os estatutos da cooperativa e a lei de cooperativas de Galicia.

O reparto sería máis ou menos o seguinte:

25%-30%: Mellora das condicións económicas das socias de traballo.

10%-15%: Reservas obligatorias establecidas pola lexilación vixente.

50%-60%: Reparto entre as socias/os da cooperativa, dentro dos termos establecidos pola Asamblea.

Responsabilidade en caso de débedas.

A Asamblea Xeral poderá propor as medidas que considere oportunas para amortizalas débedas. O normal é a amortización a un número determinado de anos, sen afectalas socias/os. Todo ilo sempre dentro da legalidade vixente. 

Responsabilidade en caso de quebra.

No caso de quebra da cooperativa, as socias responden das débedas que poida contraer a sociedade ata o límite do seu capital social desembolsado, nada máis. En caso de quebra, perdese o capital social.