Bo día
Na última asemblea xeral da cooperativa (Decembro 2012) aprobáronse unha serie de liñas de colaboración con outras entidades. Comézase agora a desenvolver estas liñas e comezamos cun acordo con Natalia Carrillo, nutricionista e profesora de cociña vexetariana enerxética.
Ofertase o sorteo de dúas prazas no obradoiro de cociña vegana e nutrición que está a realizar no Centro Cívico de Teis unha tarde a semana (para máis información chamar ao 665378713).
Ábrese o prazo de inscripción tanto no mostrador da tenda como a traves de info@arbore.org, ata o 3 de Maio.
Un saúdo