Supermercados no, gracias

Trátase dun libro que aconsellamos. É un libro que pode abastecernos de datos de interese sobre a problemática da concentración de poder de mercado por parte das grandes superficies.

O libro toca moitos temas: o empobrecemento rural, as agresións ambientais, o sistemas altamente insostible de produción e transporte de alimentos, o empeoramento das condicións de traballadores, os últimos conflictos sindicais aos que se veñen enfrentando as grandes superficies (toca tamén a algunha grande superficie que invirte moitos cartos en lavarse a cara neste senso) , a perda de postos de traballo que ocasionan, o peche do pequeno comercio que non pode competir coa acumulación do capital, etc.

E o libro da datos, empezando pola descrición da situación: No estado español, o 81% da poboación compra os seus alimentos na GDA (Gran Distribución Alimentaria), e cinco empresas e dúas centrais de compras controlan o 75% de toda a distribución alimentaria. A GDA concentra o 60% do valor do beneficio monetario que xenera toda a cadena agroalimentaria.

Desmóntanse mitos como o de que estos establecementos ofrecen alimentos máis baratos cando en realidade, según datos oficiais, en moitos produtos de media son máis caros que en tendas tradicionais...

Enfrentanse novas actividades de márketing que a GDA xa está a empregar: a incorporación de produtos de agricultura ecolóxica e de comercio xusto, e desentráñanse as trampas e incoherencias que hai detrás.

En definitiva, é un libro de referencia para calquera persoa que queira ter datos concretos e sobre esta problemática.

 

proxecto fiare galiza