público

Volve o horario normal, remata o horario de verán

A partir do mercores, día 1 de setembro e ate o martes 31 de maio de 2011, volveremos ao horario normal (remata o horario de verán):

  • Luns, martes, xoves e venres: 10.30 - 14.00 e 17.30 - 20.30
  • Mércores: 10.30 - 20.30
  • Sábado: 10.30 - 14.00

    (en negrita os trocos con respecto ao actual horario)

Obras en López Mora

A rúa López Mora está cortada por obras. No seguinte mapa presentamos tres alternativas para chegar a cooperativa no carro:

1. Dende a Rúa Ourense: A rúa Ourense baixa dende Hispanidade á nosa rúa, Pérez Bellas, polo que se vas por Hispanidade e logo baixas no cruce do supermercado Aquí, tes unha forma de chegar.

Biblioteca Árbore

Aditivos prescindibles

O home moderno sabe pouco achega do que come e do que bebe. A maioría dos alimentos que diariamente botámosnos á boca conteñen sustancias químicas que poden resultar agresivas para o organismo.

Son os chamados aditivos alimentarios, dos que existen ao redor de 300 autorizados en España.

Cando son acumulativos, cando presentan incompatibilidades con outros semellantes ou cando se consomen en exceso poden prexudicar seriamente nosa saúde, aínda que as autoridades sanitarias non o advirten desde as etiquetas.

O meu computador e o planeta

A fabricación dun computador en China emite 24 veces máis CO2 que a súa utilización durante todo un ano. Este dato resalta a importancia de utilizar un computador durante o maior tempo posíbel. Ademais, esta cifra revela a nova tendencia dos países desenvolvidos: externalizar a súa contaminación en forma de emisións de CO2 derivadas da enerxía gris dos aparellos e exportala en forma de residuos electrónicos.

Troco de café ecolóxico de Colombia

O grupo de caficultores deste café - Cosurca, A Veiga, na rexión de Cauca, Colombia - decidiu saír da Federación de productores por temas políticos sen ter capacidade de garantirnos o mesmo servizo que ate fai un tempo (é dicir, todos os tramites burocráticos co Estado de Colombia que ao final permiten que o café chegue a nós).
Ao ver que non era posible chegar a unha solución axeitada para este produto, trocamos provisionalmente de proveedor. A idea básica de este troco e poder garantir que o café chege as baldas da cooperativa, doutra maneira, nin un nin outro. E sería temporal, no caso de que Cosurca consiga importar de novo con normalidade.

Xabón de Palestina

Árbore presente os xabóns palestinos da asociación francesa Lles Amis de Darna.

Darna é unha casa de asociacións de mozos palestinos fondada en 2005 e situada na Universidade Ao-Najjah de Nablus. Ten por obxectivo favorecer a solidariedade social e económica, o acceso aos medios de comunicación modernos e ás formacións.

Ofertas de Setembro para socias

  • Aceite Casa Valbom, garrafa de 5 litros, un 20%, a 29,02 €.
  • Bebida de soia calcio Naturgreen a 1,60 €.
  • Toda a liña de viños, un 20% de desconto.
  • Liña de cosmética Dr. Hauscka, un 20% de desconto.
  • Conservas Amorodo, un 15%.
  • Algas galegas, un 20%.
  • Uva ecolóxica, un 25%.

*Ofertas só para socias da cooperativa. Descontos aplicados a pvp.