A partir do luns 11 de outubro xa podes coller na biblioteca da cooperativa o noso último libro:
El placer de obtener tus semillas - La Fertilidad de la Tierra
Esperemos que o disfrutedes.
Cun novo deseño e con máis contidos, xa podes atopar a folliña tódolos meses na cooperativa.
Este domingo, día 7 de novembro, dende ás 10.30 e ate ás 14.00, nova feira do CAT. Como xa acontezeu nas anteriores edicións, Árbore estará co seu posto de productos ecolóxicos galegos. Faremos degustacións de queixos e de marmeladas con pan ecolóxico do país. Esperamoste!
A cooperativa Árbore reparte durante o mes de outubro un bono* de 10 € a cada socia que o desexe para que poida mercar graneis e fresco. Este bono é a resposta da cooperativa a un problema xurdido na tenda e que afecta ás socias. Dende Árbore comentar que entendemos a situación como excepcional e que se tomaron e se toman todas as medidas necesarias para controlar a posibilidade de aparición de palomilla nos graneis ecolóxicos. Entendendo que a calor de Agosto non axudou a controlala tanto na cooperativa como nos fogares, dende o Consello Reitor tomamos esta decisión para compensar as posibles perdas de xénero das socias no seu fogar.
Árbore comunica ás socias que para mellorar a comunicación entre nós e facer a cooperativa máis humana e participativa establecemos un día a semana para que todas as socias e socios que o desexen poidamos ter un punto de encontro onde falar sobre o noso proxecto común. Cun formato aberto aínda sen definir completamente pretendemos que todas poidamos expoñer as nosas inquedanzas, preguntas, propostas etc. nun ambiente de confianza namentras tomamos a merenda :). Árbore invitará ao café e as pastas para que o ámbiente sexa distendio e agradable. Comezaremos o mércores día 20 de outubro na cooperativa, a partires da 6 da tarde (cunha duración de sobre 1 hora).
O día 29 de setembro a cooperativa Árbore sumarase á folga xeral.
Na asistencia de Árbore ó ciclo "Sabores e Saberes" na praza de abastos de Vilaxoán coñecemos a un proxecto ben interesante que están a levar adiante nos concellos de Rois, Ames e Dodro.
Xuntando a coordinación dos productores, a revalorización da terra e o seu cultivo, e a seriedade á hora de plantexarse os pasos e os procesos, o Proxecto Lentura (antes proxecto Amorodo polo acrónimo dos tres concellos donde traballa) xa levan varios anos tentando consolidar a agricultura ecolóxica e pechando o círculo para venderlle ós consumidores da súa contorna.
Sénen e María no posto de Árbore
Para finais deste mes de setembro introduciremos xabóns a granel de Naturavia, o laboratorio de cosmética ecolóxica de Galicia , cuxos compoñentes son biolóxicos e 100% naturais (é dicir, nada de derivados sintéticos ou petro-químicos). Coa introducción do xabón a granel conseguimos abaratar o prezo do xabón nun 20%, eliminar envases innecesarios e servir a cantidade que cada persona estime oportuna.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »