A partir do 1 de xullo deste ano, os produtos ecolóxicos á venda na Unión Europea deberán acreditar a súa autenticidade portando un logo que acaba de presentarse, resultado dun concurso para a súa elección. O gañador é un estudante alemán que obtivo o 63% dos votos e 6.000 euros.
O logotipo foi presentado onte en Bruxelas pola comisaria de agricultura Mariann Fischer Boel, e consiste nunha folla de árbore formada por estrelas sobre un fondo verde. A votación foi cidadá e realizouse online.
Segundo a comisaria, con este proxecto a UE pretende "promover os produtos ecolóxicos europeos e facer conciencia entre os consumidores sobre a importancia deste tipo de produción".