Temos unha biblioteca aberta

Árbore ten unha biblioteca aberta e auto-xestionada para as socias,
onde hai libros sobre consumo consciente, comercio xusto, economía social, agricultura ecolóxica, saúde, alimentación, etc.

O listado dos libros, eiquí.

¿Comer ecolóxico é caro?

KIWIS LOCAIS E ECOLÓXICOS A 1,87 € o QUILO.

Nace a asociación galega de Horticultura Urbana

Este luns, 7 de decembro terá lugar a constitución da Asociación Galega de Horticultura Urbana.

Asociacion Galega de Horticultura Urbana

Será ás 16:30 no local que a Federación Ecoloxista Galega ten en Santiago de Compostela (Rúa Quiroga Palacios, 8, baixo).

Enquisa en Árbore

Para coñecernos, facemos unha enquisa aos socios da cooperativa.

Chamaremos por teléfono, pero se tes tempo, podémolo facer na cooperativa. Pregunta a Lidia ou Manu.

Ou podes  encher o cuestionario en internet a:

http://sd2.nouvellepage.com/%7Etestnetls/index.php?sid=29324&lang=gl

O cuestionario é moi rápido de encher

Guía de selos do certificación

Ven á Cooperativa para atopar a guía de selos de certificación!

Firma contra o arroz transxénico

Dende GREENPEACE alertan que quedan 7 días para que a Unión Europea decida sobre a autorización do Arroz transxénico.

Son precisas moitas firmas para convencer ás autoridades europeas que a cidadanía debe ser escoitada por encima dos intereses das grandes multinacionais como Bayer.  O teu podes colaborar: infórmache, firma, e difunde a campaña!

Arroz transxénico: a nova ameaza

Charla sobre permacultura

charla sobre permacultura

Xa podes adquirir a camisola de Árbore

A 10 euriños para non socias e a 9 euriños para socias.
De algodón orgánico e de comercio xusto, impresa con tintas libres de tóxicos.

Xogos interactivos para nen@s

Xogos para @s nen@s sobre temas como comercio xusto, medio ambiente e reciclaxe. Unha boa maneira para que @s nen@s sensibilízanse con etses temas.

Na pel dun productor de café: Xogo interactivo no que podes poñerte na pel dun pequeno produtor de café e ver como é a vida que xira ao seu redor. 

Permacultura

O planeta Terra que habitamos é finito pero o modelo económico dos países denominados desenvolvidos e en perpetuo crecemento, no que se desenvolve o 20% da poboación mundial, pretende ser infinito. Isto levounos á actual crise de insostenibilidad global co consecuente perigo para a supervivencia da vida no noso planeta.

 

proxecto fiare galiza