Arranca a coopertiva de consumo agroecolóxico Zocaminhoca na Coruña

Parabéns dende Árbore para as nosas amigas de Zocaminhoca.
Non estades soas no camiño. Xuntas contra o capital, xuntas por outro mundo necesario e posible.


Temos un ponto de cesión!!


Arbore ten un ponto de cesión.

Porque reutilizamos as cousas antes de tiralas ó lixo.

Para reducir a dependencia do mercado convencional ó xestionar nós mesmas as nosas pertenzas, prolongando a súa vida.

Porque un obxecto inútil para ti, pode ser útil para outra persoa.

Podes coller ou deixar algo: roupa, xoguetes, libros, CDs...

Tódolos días na cooperativa.

ÁRBORE FAISE ECO DOS SUCESOS NO PORTO DE MASSO

Árbore faise eco dos sucesos de este luns en Masso, durante a manifestación de Galiza non se vende.

 Adxuntamos o comunicado de GNSV.

Nace en Coruña a cooperativa de consumo consciente Zocaminhoca


Momento do acto constituinte

Para máis información: www.zocaminhoca.org

ASAMBLEA ORDINARIA 2009 DA COOPERATIVA

Como socio da cooperativa e como membro do Consello Rector que a organizou, só quero agradecer a tod@s os e as participantes a vosa presencia na Asamblea.

Subiremos algunhas fotos da parte matinal da mesma, pero mentras non están localizadas, aquí vos deixo algunhas do bo ambente que había pola tarde.

(Desculpade o despiste. Xa estaban subidas outra tanda de fotos de toda a xornada que poderes re-consultar na sección de Media/Fotos/Fotos Asamblea xeral 2009.)

Saúdos.

Xavi.

Xornadas galegas de Economías Alternativas

Encontro Economías Alternativas

O 30 de maio, Asemblea Constituinte de Coop 57, a banca ética galega

Árbore xunto con outras 16 organizacións, estamos a constituir o primeiro proxecto de Banca Ética na Galiza. O próximo 30 de Maio celebrarase en Compostela
a Asemblea Constituinte de Coop57 Galicia, sección territorial da cooperativa de servizos financieiros e éticos Coop57. Abrimos un novo horizonte de servicios financieros alonxados da banca capitalista tradicional.


 

 

Asemblea Xeral de Árbore o 31 de maio

O domingo, día 31 de maio teremos Asemblea Xeral de Árbore.

Lugar:
Muiño do Severo (Cabral)
Se non sabes como chegar, sairá un grupiño de socias dende Árbore ás 10.30.

Hora: 11.00 en primeira convocatoria e 11.30 en segunda convocatoria.

No caso de facer mal tempo, a Asemblea será na Cova dos Ratos (rúa Romil, 3 baixo)

A documentación enviouse por correio postal. No caso de que non te chegará a carta, fainolo saber en info@arbore.org

Celebración do día do Comercio Xusto o 9 de maio

Amarante, Arbore, Emaus, Gradicela, Semente, SLG e Verdegaia centran o día do Comercio Xusto na Soberania Alimentar.

Asemblea Xeral de Árbore o 31 de maio

O domingo 31 de maio as 10.30, temos Asemblea Xeral Ordinaria de Árbore.

O lugar escollido, coma ven sendo habitual será no muiño do Severo en Cabral, se fixese mal tempo, reuniríamonós na Cova dos Ratos.

En breve seguiremos informando.

 

 

proxecto fiare galiza