Unha cesta da compra máis xusta e saudable

Nova aparecida o domingo con respecto aos proxectos galegos de consumo consciente:

Crean unha relación máis xusta entre produtor e consumidor, promoven os alimentos ecolóxicos máis respectuosos co ambiente e beneficiosos para a saúde, e favorecen os pequenos produtores da contorna. Son as cooperativas e asociacións de consumo responsable, unha outra forma de facer a cesta da compra dun xeito máis solidario [...]

Leer todo o artigo

Charla da coordinadora en África de Vía Campesiña

No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, xunto co Sindicato Labrego Galego e Verdegaia, organizan unha xira por Galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordinación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordinadora en África do movemento Vía Campesina).

Charla presentación da revista Opcions e o CRIC

presentacion revista opcions

Este luns que ven, Árbore xunto cos colectivos da Rede Vigotroca, presentamos a revista Opcions e o CRIC (centro de investigacion en consumo), xunto coa súa directora Montse.

Posteriormente estableceremos un coloquio sobre o consumo consciente. Esperamoste o 27 de abril as 20:30 na Cova dos Ratos.

Éxito rotundo da manifestación estatal anti-transxénicos

manifestacion antitransxenicos

Máis de 4.000 personas (5.000 según a organización, e máis de 8.000 según algún meio de comunicación) de diferentes puntos do Estado, reunimonós onte en Zaragoza, para esixirlle o Goberno a retirada non só do millo transxénico de Monsanto senón dos transxénicos do estado español, así coma tamén máis información ao consumidor.

Pide a túa conta de correo en ARBORE

Se eres socia de ARBORE, poderás solicitar se o desexas unha conta de correo do tipo eu@arbore.org , enviandonós un correio electrónico indicando o teu número de socia e o nome da conta que queres.

Recorda que é unha conta de correio con espacio ilimitado (bueno, 7 Gb, pero chega, ¿non?)

As socias de Árbore terán un 9% de desconto en carpintería-ebanistería

Chegamos a un acordo con Jorge Corcoba, ebanista e carpinteiro para que as socias de Árbore teñan un 9% de desconto nos seguintes traballos:

  • Ebanistería
  • Carpintería.
  • Restauración de mobles.
  • Restauración de obxectos de madeira.
  • Talla en madeira.
  • Traballos de torno e pezas especiais.

Jorge utiliza madeiras de primeira calidade, coa posibilidade de madeira galega, con tratamentos totalmente ecolóxicos.

Endulza a vida coa panela

ARBORE xunto con AMARNATE fixemos a finais do ano pasado unha importación conxunta dende Ecuador de panela de Comercio Xusto e biolóxica.

Trouxemos riquísima panela directamente do campo, coas mellores condicións para os agricultores e para tí.

Que postres eco-xustos máis ricos imos preparar. Mmmmm!

O noso grupo productor:

24 e 31 de Nadal en Árbore

Os días 24 e 31 de Nadal, coma xa é tradición en Árbore pecharemos ás 18.30 para respetar a vida personal das traballadoras e que poidan reunirse cedo coas súas familias. Para axudar a facelas compras habituais o horario será de 10.30 ate 18.30.

Xa temos gañador da cesta de Nadal

A gañadora da cesta de Nadal é o número 0863.
Quen sexa pode retirar o premio da Cooperativa,
nun mes contados a partir de hoxe.

 

proxecto fiare galiza