Xornadas reivindicativas do producto caseiro

26 de setembro, en Fontiñas, xornada reivindicativa do producto caseiro

Haberá tamén un mercado de productos caseiros frescos e transformados.

Arbore participa nas xornadas de cooperativismo de consumo

Nos últimos anos estase a producir unha crecente
consciencia por parte dos consumidores/as, en aspectos como: a
exixencia de mellor información sobre o que consumimos, o consumo
responsábel, a seguridade alimentaria, e o respecto ao medio ambiente
nos procesos de produción.

Ademais as cooperativas teñen demostrado ser unha
ferramenta eficaz para organizaren a consumidores/as e usuarios/dunha
forma colectiva, consciente e democrática para a mellora de diversos
ámbitos da calidade de vida, entre eles, o alimentário.

Manifestación de Galiza Non se Vende

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto no seu Consello o "Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado".
Este proxecto, ampliamente rexeitado, expropia terreos nalguns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa, actividade económica antiecolóxica (fan falla 3 quilos de peixe bravo para producir 1 de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxistico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

Consello Reitor

Este mes, a xuntanza do Consello Reitor será o día 13 de decembro, ás 21.00h. na sede da cooperativa.

Se vas asisitir e queres recibir a información do Consello, envía un correo a info@arbore.org.

Ademáis da documentación recibirás a orde do día.

A orde do día colgarase ademáis no tablón do Consello Reitor (enriba da biblioteca) a semana previa a reunión.

Davila esixe ao Goberno central que non permita a realización de ensaios con transxénicos en Galiza

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, se recibiu solicitudes de empresas multinacionais para realización de ensaios con millo transxénico en diferentes municipios de Galiza e no caso de que así fora, cal sería a posición do ministerio ao respecto.

Igualdad animal edita unha web sobre as condicións na industria cárnica

O enlace é http://www.investigacionesanimales.org/

Comezan as súas investigacións con Campofrío e as condicións dos animais dentro das súas granxas.

Non haberá café de Colombia ate outubro

Mail que confirma tal feito: 

Consello Rector o sábado día 12 as 10:00

Convocase o primeiro Consello Rector nº 120 coas novas socias vocais para este sábado, día 12 as 10:00 da maña en primeira convocatoria e as 10:30 en segunda convocatoria.

En principio durante este ano os Consello Recotres serán o segundo sabado de cada mes.

Estades invitados a participar.

Productos esgotados en orixe

Productos esgotados en orixe:

Fariña de trigo sarraceno, basmati integral, cous-cous de espelta, puré de umebosis e tamari de 1 litro.

Haber se en tres semanas volven a estar.

 

Aumenta a aceptación da enerxía nuclear en España e UE

Segundo datos o último Eurobarómetro, a porcentaxe da poboación partidaria do uso da enerxía nuclear está aumentando en España e na Unión Europea. Unha das razóns referidas polo estudo é a profunda preocupación dos cidadáns ante a subida de prezos dos hidrocarburos.

En España, onde a resistencia ao nuclear é unha das maiores de Europa (xunto a Irlanda, Portugal, Grecia, Malta, Austria e Chipre), a porcentaxe das súas partidarios creceu do 16% ata o 24%, seguindo a mesma tendencia que o resto de Europa.

 

proxecto fiare galiza