Cogomelo trompeta negra - Hifas da Terra

Ingredientes: Cogomelo trompeta negra deshidratado (30 gr). De cultivo ecolóxico.

Cogomelos silvestres - Hifas da Terra

Ingredientes: Cogomelos deshidratados, variados, galegos de recollida silvestre.

Beneficios: Estes cogomelos silvestres proveñen de bosques, xestionados segundo as normas de agricultura ecolóxica, e de cultivos en madeira de carballo ó aire libre, baixo un souto de castiñeiros. A deshidratación é a mellor forma de conservación deste delicado produto, xa que evita a potenete oxidación que sofren os cogomelos recentemente recollidos e non afecta as súas propiedades nutricionais especiais.

Cus cus de espelta - Baule Volante

Ingredientes: Sémola de Espelta integral, precocida ó vapor, de cultivo ecolóxico.

Copos de trigo sarraceno - Celnat

Ingredientes: Copos de trigo Sarraceno de cultivo ecolóxico.

Beneficios: No trigo sarraceno, ademais dos beneficios que outorga como cereal, hai un particular que debemos destacar: a súa proteína é rica en lisina, carente no resto dos complexos protéicos vexetais. Non contén glute a pesar de ser un tipo de trigo, polo que é tolerable por celíacos. Xunto á vitamina C (non presente neste cereal) utilízase o sarraceno para tratamentos en casos de arteriosclerose e hipertensión. É ideal para almorzar, mesturándoo con leite, iogur, zumes...

Copos de millo miúdo - Celnat

Ingredientes: Copos de mijo de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Estes copos son ideais para almorzar, pódense mesturar con leite, iogur, zumes...O mijo contén un 11% de proteínas, algo máis que o trigo, o arroz e o millo. Presenta tamén gran cantidade de ferro, aminoácidos, fósforo e potasio.

Copos de Espelta - Celnat

Ingredientes: copos de Espelta de cultivo ecolóxico.

A seguridade dos protectores solares ecolóxicos

O factor de protección define o tempo que unha persoa pode estar exposta ao sol comparado a unha situación sen protección: Como sen protector non se recomenda quedar máis de dez minutos exposto ao sol (valor medio para España en función do tempo, horario, altitude,etc.), unha crema de factor 10 permitiría aprox. unha hora e media de exposición.

Allo en pó

Ingredientes: Allo en po de cultivo ecolóxico. Certificado por demeter. Este selo de calidade garante que se cumpre a normativa de produción e de elaboración.

Beneficios: O allo é un antibiótico natural fronte a numerosos microorganismos que poden contaminar os alimentos. Posúe numerosas propiedades medicinais; reduce o colesterol, combate a hipertensión, estimula as defensas, evita a formación de tumores malignos, fluidifica o sangue...etc.

Fonte

Canela en rama - Artemis

Ingredientes: Canela en rama.

Beneficios: É a cortiza das ramas novas do canelo, árbore parecida ó loureiro que se dá en Asia e América tropical. É aperitiva (aumenta o apetito), dixestiva e astrinxente. Está contraindicada en caso de úlcera gastroduodenal. O seu sabor é doce e fragante. Utilízase para aromatizar doces, conservas de froita, etc.

Fonte

Cardamomo - Artemis

Ingredientes: Sementes de cardamomo de cultivo ecolóxico.

 

proxecto fiare galiza