Ingredientes: Cacao desgrasado en po de cultivo ecolóxico.
Beneficios: Pódese preparar á cunca ou tamén quente para a elaboración de pasteis e sobremesas. Considerámolo un bo suplemento debido ó seu achegue enerxético e á súa acción estimulante.
Achega os seguintes nutrientes e sustancias estimulantes:
- Hidratos de carbono: (especialmente azucre), do 50-55%.
- Graxas: Maiormente saturadas 30-35%.
- Vitaminas: Destacan a B2 e a E.
- Minerais e oligoelementos: É unha boa fonte de magnesio, potasio, ferro, cinc e cromo.