Arxila verde en tubo

Ingredientes: Arxila verde, extratos e aceites esenciais de caléndula, cola de cabalo e lavanda.

Aceite vexetal virxe Rosa Mosqueta

Ingredientes: Aceite vexetal virxe de primeira presión en frío de Rosa Mosqueta de Chile. Procedente de agricultura ecolóxica.

Beneficios: Este aceite pode utilizarse en aplicación corporal e facial. En facial aplicar unhas pingas sobre o rostro, mañá e noite, despois de limpar a pel. En corporal aplicar especialmente en zonas sensibles, como pescozo, peito e parte interior de brazos e pernas. Preferiblemente despois da ducha ó coa pel húmida. Utilizar tamén como loción despois da toma de sol.

Bálsamo labial Rosa Mosqueta.

Ingredientes: Aceite de rosa mosqueta, manteiga de karité, manteiga de cacao, aceite de sésamo, aceite esencial de laranxa e cera de abella. Procedencia ecolóxica.

Beneficios: Todos os ingredientes deste bálsamo teñen unha alta capacidade hidratante e protectora que proporciona o coidado diario dos beizos. Está moi recomendado para as gretas que se forman nos beizos. O seu principal ingrdiente Rosa Mosqueta axuda a rexenerar e nutrir os beizos.

Recomendase o seu uso despois dunha exposición solar. Protexe contra o envellecemento prematuro dos beizos.

Protector labial Weleda

Ingredientes: Aceite de jojoba, cera de abella, manteiga de karité, lanolina, cera de carnauba, extracto de rosa e de vainilla.

Beneficios: É un protector labial que protexe eficazmente do frío e do sol, ademais rexenera os beizos gretados de maneira natural.

Bastoncillos dos oídos Bocotton

Ingredientes: 100% algodón, procedente de comercio xusto ecolóxico.

Beneficios: Estes bastoncillos, feitos de algodón recolleito a man, son ideais para o coidado e a limpeza dos oídos. Son suaves e hipoalergénicos, adaptados ao uso diario.

A embalaxe no que veñen presentados tamén é totalmente biodegradable.

Porta a garantía de comercio Xusto “ bio equitable”:

Axústase aos regulamentos de agricultura ecologica recoñecidos a nivel internacional.

Mantecaa de Karité

Ingredientes: Composto principalmente de ácido palmítico (2-6%); acedo esteárico (15-25%); acedo oleico (60-70%); acedo linolénico (5-15%); acedo linoleico (<1%), así como unha orixinal fracción insaponificable que lle confire unha gran capacidade hidratante e emoliente. 100% de orixe ecolóxica.

Paté de Algas - Algamar

Ingredientes: Tofu*( Callado de soia), aceite de oliva virxe extra*, algas espeguetti de mar*, miso* e tamari*(soia fermentada), fécula de pataca*, especias*.

* DE CULTIVO ECOLÓXICO.

Beneficios: ALGAS ESPAGUETTI DE MAR

Esta especie de algas ten tres beneficios principais no organismo. Primeiro o ferro.é o mineral responsable de axudar á creación da hemoglobina, polo que unha deficiencia provoca anemia, fatiga e baixa as defensas.

Yogi tea classic

Ingredentes: Canela (6%), Cardamomo, Xenxibre, Cravos, Pementa negra, Estrato de canela, aceite de xenxibre. Todos os ingredentes son de produción ecolóxica.

Beneficios: Esta receita clásica conta cunha mitoloxía de miles de anos, é saboroso, doce e enerxizante. O sabor da canela é doce e fragante. É aperitiva (aumenta o apetito), dixestiva e astrinxente. Está contraindicada contra úlcera gastrointestinal.

Te kukicha

Ingredientes: Té verde fermentado.

Beneficios: Ten unha importante acción alcalinizante por iso recoméndase á xente que non pode tomar café, a pesar de que non ten prácticamete teína palía o nerviosismo provocado pola dependencia do café, ademais ten unha acción bactericida.

Yogi tea Throat Comfort

Ingredentes: Regaliz, fiuncho, canela, casca de laranxa, xenxibre, tomiño, raíz de malvavisco, gordolobo, zume de limón deshidratado, extracto de laranxa, cardamomo, pementa negra, cravos e cúrcuma. Todolos ingredentes utilizados proceden de agricultura ecolóxica.

Beneficios: Esta infusión é a maneira perfecta para acougar unha gorxa irritada. É unha infusión natural, saborosa, suave e eficaz, tanto para nenos como para adultos.

 

proxecto fiare galiza