Actividades na comarca

Mesa redonda sobre a macrodepuradora en Coruxo o 18 de xullo

A Comisión Veciñal de Afectados pola Depuradora do Lagares convoca:


IMPACTO SOCIAL E AMBIENTAL DA MACRODEPURADORA EN CORUXO

Intervirán


Pelayo Míguez Baños

Biólogo. Director Técnico do Centro Analítico Míguez y Muiños:

'Situación actual da depuración na Ría de Vigo. Plans de futuro'


Diego Rodríguez

Asociación Ecoloxista Verdegaia:

'Medio natural e Ubicación'


Nuria Vidal de Llobatera

Charla sobre Economía Alternativa en IND

Manolo Rivera, membro de Briante, falará en Vigo de Economía alternativa

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO (IND) invitanos a falar de Economía alternativa no local de Implicadas en Vigo (Camelias, 49 )

Este xoves 19, ás 19.30 horas

Xoga Limpo

Proxecccion "Unha lousa sobre O Courel" na Revolta

Mañá vernes día 30 de maio, ás 20:30 h no Local Social A Revolta, na rúa Real 32. Casco Vello. Hai unha proxección do documental 'Unha lousa sobre O Courel' , (documental en defensa do Courel, patrimonio único e irrepetible de tod@s os galeg@s), despois haberá un debate con Mabel Rivera e Enrique Banet.

Mercadiño de troco o 31 de maio no Calvario

Xa sabedes: o vindeiro sábado 31 de maio, entre as 12:00 e as 14:00, vémonos tod@s na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, para unha nova mañá de troco, cesión e disfrute. Cadaquén que leve os seus trocos, as súas demandas e o seu bo humor!

Mercadiño de troco o sábado 26 de abril

ARBORE, Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia invitavós a participar nos mercadiños de troco e cesión.
que celebraremos o último sábado de cada mes na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h, a partires do vindeiro 26 de abril.

¡Un café xusto, por favor!

 

Amigos da Terra xunto con ARBORE, Amarante e Mundos, impulsa a campaña Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e internacional.