Actividades na Galiza

Coloquio "A Globalización no Comercio Xusto"

AMARANTE organiza un debate en Sargadelos sobre a Globalización no Comercio Xusto
AMARANTE Setem presenta na Galería Sargadelos, baixo o título “A Globalización no Comercio Xusto” e entre as actividades que a ONG galega desenvolve estes días dentro do seu programa para a comercialización do café de comercio xusto, unha mesa de debate na que intervirán, Xoan Hermida, responsable de Comercio Xusto de Amarante, Javier GONZÁLEZ SAMPEDRO, director de relacións institucionais de Vegalsa-Eroski e Diego ALONSO, xerente da cooperativa de consumidores ÁRBORE.

Boletín Galiza non se vende


Este é o resumo das novas publicadas o último mes en www.galizanonsevende.org

FORO SOCIAL GALEGO

PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)

*Pensar e construír alternativas desde Galiza
**5-7 de decembro · Santiago
*
DECÁLOGO: *_QUE É E COMO PARTICIPAR NO PROCESO DO FSGAL_** (documento
explicativo)
*
1-. *O FSGal non é unha nova entidade nin representa a sociedade civil
ningunha*. É un proceso, un espazo de intercambio, busca de propostas e
artellamento de loitas dos movementos sociais galegos en oposición ao
mundo gobernado polo capital financeiro, ao neoliberalismo. Ninguén ten

Curso de agricultura ecolóxica en Tomiño

A concellería de Xuventude de Tomiño organiza un curso de agricultura ecolóxica - cultiva na casa a celebrar a dende o 26 e 27 de setembro ate o 31de outubro.

Horarios:

Todolos Venres de 16:30 a 19:30

Todolos Sabados de 10:00 a 13:00


Vaise celebrar na Asociación Cultural de Pinzás.

Para máis información contactar con Eli, 986 62 33 04.

Imparte o doutor en biolóxia e socia de Árbore, César Lema.

O curso é de balde, animadevós.

Xornadas internacionais de Economía Social

Os días 13 e 14 de xuño terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas Internacionais de Economía Social de Traballo e Consumo, organizadas pola CIG en colaboración coa Federación de Cooperativas SINERXIA.

Xornadas interculturais o 31 de maio na Pza. da Ferrería en Pontevedra

MESA REDONDA ás 18,00 horas.

Participan:

Conchi Vazquez. Ensinante ( Moderadora )

Luisa Marquez. Ensinante IES Monteporreiro

Fernando Montoya. Mediador Interecultural de Secretariado Xitano

Bilal Traore. Senegales. Presidente Sen Fronteiras

Xornada sobre Zonas Libres de Transxenicos

*Amigos da Terra *en colaboración coa *Fundación Biodiversidad,*
organiza o vindeiro martes 27 de maio, unha xornada técnica sobre Zonas
Libres de Transxénicos (ZLT) no *Pazo da Cultura de Pontevedra.*

Fai dez anos que os organismos modificados xenéticamente (coñecidos como

Cine-foro sustentable en Amarante de Ourense

Proxectarase SURPLUS "Consumidores Aterrorizados" Erik Grandini - 2003 - Suecia