Copas Menstruais de Marca Branca

Incluímos a continuación unha comunicación enviada pola "Red Copa de Luna" distribuidores de MoonCup, unha organización coa que levamos traballando moitos anos en boa sintonía. A comunicación trata o tema do incremento da oferta de Copas Menstruais no seu apartado positivo e negativo.

 


 

Portal de Economía Solidaria

Recomendamos algúns dos artigos recopilados estes mes no Portal de Economía Solidaria, algúns deles ben interesantes.

http://www.economiasolidaria.org/node/7856

4 razones y 5 hábitos de compra a granel

[Artigo publicado no blog alterconsumismo, e escrito por Montse Peiron da revista Opcions]. Fotografía: Flickr / The Commons

 


 

Video sobre a Mooncup (copa menstrual)

A Mooncup foi a primeira de todalas empresas que fabricaron copas menstruais, casa coa que xa traballamos fai anos na cooperativa, e que a día de hoxe segue a asegurar un elevado nivel de calidade e compromiso coas mulleres.

Podedes atopar máis información e un video con respostas as preguntas máis frecuentes:

http://www.mooncup.co.uk/languages/es/acerca-de-la-mooncup.html

Campaña de Suscripción a Opcions

Opcions, é unha revista de Consumo Responsble editada polo CRIC, veñen facendo un gran traballo de información (dunha gran calidade) e difusión dende fai anos, e podedes atopar na cooperativa algúns dos seus números. Aconsellamos que todalas persoas interesadas en coñecer máis sobre produtos e servizos que nos rodean no noso día a día, dende unha perspectiva crítica e transformadora vos acerquedes a esta publicación que a bo seguro non vos decepcionará.

Un saúdo!

 

Asemblea Xeral da cooperativa. Decembro 2013

Boas!

O vindeiro Sábado, 14 de Decembro, celebraremos a Asemblea Xeral de Árbore (a segunda deste ano, como ven sendo habitual, organizase unha en Maio e outra en Decembro, na de Maio trátanse temas máis relacionados coa aprobación de contas e a xestión, e na de Decembro debátese sobre outros asuntos, en concreto neste ano, está especialmente centrada na modificación de Estatutos da Cooperativa).

Consumo Crítico, Responsable e Solidario

O próximo venres día 25 ás 17:00h a cooperativa participara nunha xornada de Consumo Crítico, Responsable e Solidario organizada por ADICAE GALICIA:

A xornada terá lugar o venres, 25 de outubro, de 17:00 a 20:00 na Casa Galega da Cultura; Praza da Princesa, 2, Vigo.

Contaremos coa colaboración de Setem Amarante, Fundación Emaús, Intermón Oxfam e Árbore Consumo Conscente.

Arquitecturas Colectivas Galiza. Valadares 11-14/09

Nos vindeiros días 11-14 de Setembro, celebrarase na parroquia de Valadares en Vigo a 6ª edición de Arquitecturas Colectivas Galiza. Utilizando a presentación da organización:

 

proxecto fiare galiza