Proxección do documental "Con tu Dinero" / 17 de Abril / Centro cívico de Teis

Facemos extensiva a todas as persoas socias da nosa cooperativa a invitación que nos fan dende a organización desta proxección e mesa redonda sobre finanzas éticas. Consideramos que pode ser unha boa ocasión para un primer achegamento a este concepto de "finanzas éticas" e como toma de contacto coas iniciativas máis relevantes postas en marcha ata o momento, tanto no Estado como en Galicia.

Axuntamos documento coa presentación da proxección e a mesa redonda.

Feira de Sementes e plantón ecolóxicos. Leboso, 14 de Abril

Podedes atopar máis información na páxina da Fundación Galicia Verde: http://fundaciongaliciaverde.org/

Obradoiro de construción de xoguetes sonoros

oto: Algúns dereitos reservados por chris_hau]

 

      OBRADOIRO DE XOGUETES SONOROS E CONCERTO TRANGALLEIRO

IV Andaina pola protección da serra do GALIÑEIRO

Data.- Domingo, 20 de febreiro de 2011.

Hora.- Ás 10,00 h iníciase a andaina.
O remate da actividade está previsto entre as 13,00 e 14,00 h
Actividade.- Paseo por unha pista forestal que rodea a serra do Galiñeiro para solicitar a protección da serra e sensibilizar contra o proxecto de parque eólico. Foto con pancarta no vértice xeodésico.
Trátase de sensibilizar diante do proxecto de instalación dun parque eólico nun espazo de interés natural, paisaxístico, arqueolóxico que debería gozar da integración nalgunha figura de protección (por exemplo integrándoo no parque natural do Aloia).

Cursos Parques Naturais 2013

[Unha socia da cooperativa fainos chegar a seguinte información]

Le recordamos que sigue  abierto el plazo de solicitud para los cursos del Programa de Formación Ambiental 2013 En-torno a los Parques Nacionales, del Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente – Organismo Autónomo Parques Nacionales.

Re-Move os teus cartos

Preséntase unha campaña en favor das finanzas éticas e os proxectos aos que a día de hoxe podemos apoiar: Fiare, Coop57, SomEnergia...

http://remuevetudinero.net/hola-mon/

Informe de Sodepaz a propósito do Día Internacional da Auga

Aproveitando a celebración do Día Internacional da Auga, Sodepaz preséntanos unha serie de artigos que analizan a súa distribución, consumo... privatización, e de como están a acadar que a xestión da auga volva a mans públicas en diversos lugares do mundo.

http://sodepaz.org/component/content/article/70-gestion-del-agua/1861

Mudamos o sistema informatico na cooperativa

Antes de nada, feliz ano

Dende o 3 de Xaneiro estamos implantando un novo sistema informático de xestión, a idea e poder ter un sistema máis fiable e potente. O novo sistema é de software libre e creemos que co tempo mellorará a xestión e a transparencia dentro da cooperativa.

Somos consciente de que nestes primeiros días de implantación estamos causando algunhas molestias nas compras (pequenas esperas, a información do ticket pode non ser suficientemente clara,...) pero intentaremos ir solventado estas eivas en breve.

Recibiremos de bo grado todas as suxerencias e comentarios ou ben en info@arbore.org ou ben no libro de comunicación da tenda.

Agradecemos moito a vosa paciencia.

Rifa premiada coa cesta de nadal

O número premiado neste ano 2012, é o 02705.

A gañadora pode vir a recoller a cesta á cooperativa!

Saúdos

 

proxecto fiare galiza