Asemblea Extraordinaria de Árbore, 15 de Decembro

Estimadas socias

 

O próximo sábado 15 de decembro, celebrarase a Asemblea Extraordinaria de Decembro deste ano.

  • Lugar da reunión: Asociación de Veciños Val do Fragoso (en fronte ao estadio de Balaidos), enlace para chegar: http://goo.gl/maps/27nhu

  • Horario: Primeira convocatoria ás 17:30h / segunda convocatoria ás 18:00h

  • Orde do día: Enviada por correo ordinario e electrónico

14N, ¡Pechamos por folga xeral!

ÁRBORE PECHA POR FOLGA XERAL

O Consello Reitor de Consumo Consciente Árbore, S.C.G., decidiu pechar a tenda o mércores día 14 debido á convocatoria de Folga Xeral.

Obradoiro Fogar Ecolóxico

A xente da Cova (http://cova.arkipelagos.net/) subiu apuntes moi interesantes sobre o obradoiro que fixeron en Marzo deste ano (gracias!). Poderedes aprender como facer xabón e lixivia para limpar o voso fogar de forma barata e ecolóxica.

A loita dunhas nais contra o millo transxénico

A través do enlace de abaixo podedes chegar a un interesante audio sobre as terribles consecuencias da fumigación con glifosato sobre campos de milo transxénico na Arxentina, e do claro aviso destas mulleres de que Europa non é axenas as consecuencias destas prácticas de cultivo.

La Enredadera

Formación: As cooperativas tamén son empresas

A Unión de cooperativas de traballo asociado Ugacota -no marco da REDE EUSUMO- ofréceche formación GRATUITA e presencial no Centro da Rede Eusumo da Cámara de Comercio de Vigo (R/ Arxentina,  18 A, Vigo)  cunha activi

Xornada sobre moedas sociais. Mércores 22 de Agosto

Á atención das socias de Consumo Consciente Árbore, S.C.G.

O próximo Mércores 22 de Agosto ás 18:00h celebraremos unha Xornada de Moedas Sociais na Cova dos Ratos. Teremos como invitado a Miguel Yasuyuki Hirota, tal e como el mesmo se define nun blog: "promotor entusiasmado de sistemas de moneda complementaria" e bo coñecedor dos seus miolos, e da súa aplicación en distintas partes do mundo.

Encontro estatal de moedas sociais

O pasado mes de Xullo celebrouse en Vilanova i la Geltrú o Encontro Estatal de Moedas Sociais. Entre os propósitos de partida de esto encontro atopanse a divulgación sobre os distintos tipos de moedas sociais e experiencias concretas, pero tamén como poden interactuar as moedas socias actualmente existentes.

Cando falamos de moedas sociais estamos falando de moedas diferentes ás que coñecemos (euro, dolar...), trátase dun medio de intercambio con fins sociais, de alcance inmediato e xerenciado pola sociedade civil.

Presentación de Claude Aubert sobre alimentos convencionais vs alimentos ecolóxicos

APEGA (Asociación de Produtor@s Ecolóxic@s de Galicia) envíanos unha presentación dunha conferencia de Claude Aubert sobre alimentos convencionais e alimentos ecolóxicos.

 

proxecto fiare galiza