Humberto Ríos - un exemplo na agroecoloxía

"Facer ciencia para os científicos é absurdo, a ciencia ten que ser útil para as persoas" Cando Cuba non puido permitirse a importación de praguicidas e abonos químicos os investigadores deberon envorcarse en fomentar un sistema agrícola de baixos insumos e dar cos cultivos máis vitamínicos. Por esa vía Humberto Ríos empezou a indagar en variedades, en rotacións, e aí foi onde descubriu a importancia da agrobiodiversidad e a quen máis saben dela, os campesiños.

Conclusions da xornada "Alimentos ecolóxicos, por qué?"

LUGO FOI O ESCENARIO DE DEBATE, PARA EXPERTOS, PRODUTORES E CONSUMIDORES, SOBRE POR QUE ESCOLLER E CONSUMIR ALIMENTOS ECOLÓXICOS CETAL E CRAEGA PRESENTAN O PRIMEIRO BARÓMETRO DE PERCEPCIÓN E CONSUMO DESTE TIPO DE PRODUTOS EN GALICIA, DURANTE A XORNADA "Alimentos Ecolóxicos, por que?"

TAN SÓ UN 13,7% DOS GALEGOS CONSOMEN ALIMENTOS ECOLÓXICOS. MOITOS NON Os COMPRAN PORQUE TEÑEN HUERTA. PALABRAS COMO ?CASEIRO? Ou ?DO PAÍS? ASÓCIANSE MÁIS CON SAÚDE QUE ?ECOLÓXICO?.

Moda xusta e ecolóxica en Galicia

A deseñadora María Almazán, socia da cooperativa, lanzou este verán a súa colección de roupa feminina, masculina e infantil confeccionada con algodón orgánico e liño libres de pesticidas, nun proceso no que o respecto polos dereitos dos traballadores está garantido.

Brasil recoñece o comercio xusto a nivel institucional e lexislativo

O pasado 17 de novembro durante a reunión plenaria do Conselho Nacional de Economia Solidaria (CNES ) en Brasilia, o Presidente do Brasil aproveitou para asinar o decreto que así o fai efectivo. Con este decreto será posible consolidar e ampliar as políticas públicas para o sector e tornar permanentes as conquistas dos traballadores brasileiros, segundo diso Lula Da Silva durante o acto de sinatura.
 

Actividades 2007

Actividades:

O pasado sábado 17 de xullo a Cooperativa celebrou súa primeira cea festa de confraternidade. O encontro tivo lugar na Finca de San Roque, cun copioso bufete feito polas persoas da "Cova dos Ratos", e amenizado cas cancions populares e proprias do grupo "Contradança".

Esperamos que as persoas que fochedes vos lo pasarades tan ben coma nos, e que as que non, vos animades para a próxima vez.

Rincón das socias 2007 - Horta Valladares

Xá temos horta!

Unha equipa de 10 persoas da cooperativa están traballando e recollendo os primeiros froitos das terras cedidas en Valladares

Toda unha escola para as novas e tadas aquelas persoas que sintan o desexo de cultivar a terra, ¿anímaste? Se estades interesados pedide información na tenda.

Rincón das socias 2007

A defecaçom natural: USA UMHA TINA!

Às vezes a civilizaçom na que nos achamos imersas e imersos trai consigo o emprego de determinadas posiçons corporais que dificultam o normal funcionamento do nosso corpo. Isto acontece, como sabemos, no caso do parto em posiçom deitada, e também na maneira que temos de cagar.

O WC moderno é um instrumento perigoso que nos obriga a adoptarmos umha postura antinatural para defecar. Esta posiçom pode nos provocar gases intestinais, prisom de ventre e tamém danar o cólon. A forma natural de evacuarmos os intestinos, que permite ademais um movimento peristáltico completo, é a posiçom agachada, de cócoras, tal como se fai no campo.

Contacta coa cooperativa 2007

Contacta coa cooperativa!

Achégate o noso local, atópanos pola rúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo, (cp 36211) na cidade de Vigo, e coñécenos, e se te animas... ¡asociate!

Horarios:

  • Luns a Xoves: 10:00 - 13:30 e 17:00 - 21:00
  • Venres: 10:00 - 21:00
  • Sábado 10:00 - 13:30

Outros xeritos de contacto

 

proxecto fiare galiza