Xá podedes consultar as actas desde a vosa casa
Por fin implementamos o sistema para que poidades consultar as actas desde os vosos ordenadores. Tedes primeiro que pedir unha clave ao responsabel da web. Logo podedes entrar nun área privada, so para socias, por unha opción que atoparedes no "Rincón das socias".
Asambleia Xeral Ordinaria 2006
Tera lugar o vindeiro Sábado 17, no local da Asociación Veciñal Val do Fragoso (xunto ao estadio de Balaidos), primeira convocatoria as 10:30.
Se non podes vir... deixa constancia para permitir ter "quorum", ou delaga a túa participación en outra persoa socia, para poder facer unha Asemblea Xeral ca porcentaxe mínima legal suficente de persoas socias.
Xá temos Foro no ciberspazo!
Todas as persoas socias da cooperativa poden partipar na elaboración do Regulamento interno. Para facilitar tal fin decideuse abrir un foro, de caracter privado. As persoas socias de Arbore poden meter as súas propostas, ideas e opinions para compretar o regulamento interno da Cooperativa.
Igualmente conta cunha parte pública, na que de momento so pusemos un apartado de suxerencias
Podedes entar por aqui ao foro
Reparto a domicilio
A Cooperativa Árbore ofrece tamén un servizo de reparto a domicilio pola área metropolitana de Vigo, é dicir, o Morrazo ( mércores ), Val Miñor ( venres ) e o Val da Louriña ( martes ). Como xa saberedes, en Tui temos un posto no mercado, que se celebra os xoves durante todo o ano. En Redondela hai unha alternativa máis cercana, que é a Asociación de Consumidores Loaira.
Sobre a posibilidade de facer un reparto por Vigo, é un tema que estamos a estudar detidamente, para que, se se fai, non perxudique á vida social da Cooperativa. Podedes deixar as vosas opinións, comentarios e consellos ó respecto no Foro existente nesta páxina web.
1.A estratexia da distracción O elemento primordial do control social é a estratexia da distracción que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes e dos cambios decidido polas elites políticas e económicas, mediante a técnica do diluvio ou inundación de continuas distraccións e de informacións insignificantes. A estratexia da distracción é igualmente indispensable para impedir ao público interesarse polos coñecementos esenciais, na área da ciencia, a economía, a psicoloxía, a neurobiología e a cibernética.
...porque en España creban as persoas. No mundo civilizado, se unha familia deixa de pagar a hipoteca, o banco queda coa casa e a familia queda na rúa; punto e final. É cruel, pero polo menos non é sádico. En España, se unha familia non pode pagar, o banco a desahucia e é entón cando realmente empezan os problemas. A casa vaise, pero a débeda permanece. O banco malvende o piso a través dunha escura poxa, onde varias mafias repártense as talladas, e despois reclama ao hipotecado o que falte por pagar tras a venda.
O modelo alimentario do Norte está a esquilmar as terras do Sur. Ofrecémosvos algúns exemplos de alimentos que acabarán por consumir as terras dos países en desenvolvemento para nutrir as neveiras dos países desenvolvidos. As alternativas pasan por recorrer ao consumo de alimentos locais e de tempada, obtidos baixo as pautas da agricultura e a gandaría tradicional, respectuosas co medio e co futuro do planeta.
- Aceite de palma.
- Alimentos quilométricos.
- O salmón.
- Soia transxénica.
- Lagostinos.
Asociación ARBORE
En Asemblea Xeral Extraordinaria do día 2 de marzo do 2002, con comezo ás 20:00 H. A Asociación para a Recuperación do Bosque e a Restauración dos Ecosistemas, con Código de Identificación Fiscal nº G36712396 na súa sede social na rúa Arquitecto Pérez Bellas número 5, baixo, acorda:
Cambiar o domicilio social da Asociación, pasando do antiguo na rúa Arquitecto Pérez Bellas número 5 – baixo, Vigo, ao seguinte:
Rúa Eugenio Arbones número 2 – 5º S, Vigo (Pontevedra).
A Secretaria O Pesidente
PRESENTACIÓN
Este dossier pretende achegar ás persoas soci@s e simpatizantes de Arbore unha información clara da dirección que, asemblea a asemblea, foi tomando a cooperativa, de cales son as súas razóns, fins e medios.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »