Actividades

Asamblea Xeral de Árbore

O domingo 15 de xuño terá lugar a Asamblea Xeral de Árbore. O lugar escollido coma nos últimos anos será no muiño do Calvario. Esperamosvós. Para máis información logueate ou chama ao (986) 23 34 97.

 

Mercadiño de troco o sábado 26 de abril

ARBORE, Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia invitavós a participar nos mercadiños de troco e cesión.
que celebraremos o último sábado de cada mes na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h, a partires do vindeiro 26 de abril.

¡Un café xusto, por favor!

 

Amigos da Terra xunto con ARBORE, Amarante e Mundos, impulsa a campaña Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e internacional.

Plataforma Galega Antitranxénicos

 

O pasado 29 de Febreiro, constituiuse en Galiza a Plataforma Galega Antitranxenicos (OMX`s) con organización do eido do ecoloxismo coma Amigos da Terra, Verdegaia, Adega, do consumo consciente coma Semente, A Xoaninha, Eirado e ARBORE, e da agricultura coma o Sindicato Labrego Galego, APEGA e o CRAEGA.

Concurso de deseño de camisolas