É unha variedade do chícharo. Caracterízase porque a súa vaina (funda que cubre as sementes) é tenra e carnosa, a diferencia do chícharo que é dura e apergaminada. Polo tanto consúmese enteiro, vaina e semente á vez. Contén máis azucres que o chícharo e menos almidón, polo que o seu sabor e máis doce. E tamén rico en proteinas, vitaminas do grupo B e minerais coma o potasio e o ferro.
O Tirabeque soe preparse cociñado, en menestras de verduras ou formando parte de diversos guisos.