Troco de café ecolóxico de Colombia

O grupo de caficultores deste café - Cosurca, A Veiga, na rexión de Cauca, Colombia - decidiu saír da Federación de productores por temas políticos sen ter capacidade de garantirnos o mesmo servizo que ate fai un tempo (é dicir, todos os tramites burocráticos co Estado de Colombia que ao final permiten que o café chegue a nós).
Ao ver que non era posible chegar a unha solución axeitada para este produto, trocamos provisionalmente de proveedor. A idea básica de este troco e poder garantir que o café chege as baldas da cooperativa, doutra maneira, nin un nin outro. E sería temporal, no caso de que Cosurca consiga importar de novo con normalidade.

Entón, despois de estes dous anos largos de intermitencia do producto nas baldas deixamos de traelo este outono. A partir do próximo lote, propoñemos outro café de Colombia ecolóxico e tamén de Comercio Xusto. Neste caso da Asociación Juan Tama, de Tierradentro, tamén da rexión de Cauca.

+info: http://www.juantama.org/

+info: http://www.cafetierradentro.com/